Condicións Xerais de Acceso e Uso do sitio web ir.gl

Mediante este documento establécense as Condicións Xerais de acceso e uso do sitio web ir.gl e dos servizos previstos no mesmo (en adiante, Condicións Xerais) por parte da Dinahosting, S.L. (en adiante, Dinahosting), con CIF núm. B15805419 e con domicilio social na Rúa das Salvadas 41, 15705 - Santiago de Compostela, inscrita no Rexistro Mercantil de A Coruña o 26 de outubro de 2001, Tomo 2.514, folio 194, folla nº C-27.529,. O uso do sitio web de ir.gl por parte dos usuarios está condicionado á previa lectura e aceptación íntegra, expresa e sen reservas das presentes Condicións Vixentes no momento do acceso. Se o usuario non estivera de acordo coas presentes Condicións, deberá absterse de utilizar este portal e de operar por medio do mesmo.

1. Información e documentación contractual. Aceptación do usuario

As presentes Condicións Xerais expóñense con carácter permanente no sitio web ir.gl (en adiante, “Sitio Web”), podendo todos os usuarios arquivalas, imprimilas e, por tanto, estar previamente informados das características e, en xeral, de todas as condicións en que se efectuará a prestación do servizo.

Non é tecnicamente posible que o usuario poida utilizar o servizo sen que se producira a aceptación inequívoca das presentes Condicións Xerais, as cales se reiteran para a súa aceptación expresa por parte do usuario -mediante un clic en “leo e acepto as Condicións”- cada vez que se realiza unha solicitude concreta de servizo a través do Sitio Web. Non é tecnicamente posible que o usuario poida utilizar o servizo sen que se produza a aceptación das presentes Condicións Xerais. Mediante a utilización do servizo, o usuario declara ser maior de idade, ter capacidade suficiente para contratar e ter lido, entendido e aceptado as presentes Condicións.

Calquera modificación posterior das presentes Condicións Xerais será exposta claramente no Sitio Web con indicación da data de entrada en vigor. Toda a documentación sinalada anteriormente pode ser impresa e arquivada polo usuario, quen pode solicitala en calquera momento ao Servizo de Atención ao Cliente mediante a remisión do correspondente correo electrónico a info@dinahosting.com ou telefonicamente no número 900 854 000.

Calquera reclamación que se estime pertinente poderá remitirse por escrito mediante correo electrónico dirixido a reclamaciones@dinahosting.com. O Servizo acusará recibo da reclamación presentada mediante a remisión do pertinente xustificante –coa correspondente clave identificativa- á dirección de correo electrónico que deberá proporcionarse ao Servizo de Atención ao Cliente para tramitar a reclamación. Tras recibir unha solicitude ou reclamación por calquera dos medios indicados no parágrafo anterior, Dinahosting analizará o caso plantexado polo usuario e proporcionaralle unha resposta no prazo máximo dun mes.

A utilización do Sitio Web, e dos Servizos previstos no mesmo, implica necesariamente a aceptación da Política de Privacidade, Política de Cookies e das presentes Condicións Xerais, consentíndose o tratamento dos datos nostermos descritos nestes textos legais.

2. Obxecto

Dinahosting comprométese a prestar o servizo de acurtador de URL solicitado polo usuario a través do Sitio web ‘ir.gl’ nos termos e condicións que se establecen nas presentes Condicións Xerais.

3. Dereitos e obrigas da Dinahosting

3.1. Prestación de servizos

O servizo ir.gl é gratuíto e permite acurtar, recortar e personalizar enlaces (URL). Non é necesario rexistrarse como usuario para poder utilizar o servizo ir.gl, para acurtar URL. Aquelas persoas que desexen rexistrarse como usuarios do servizo ir.gl deberán introducir o seu nome, correo electrónico e contrasinal no formulario de rexistro. O rexistro como usuario permite dispoñer dun repositorio coas URL acurtadas polo usuario, así como dispoñer das claves e a documentación necesaria para desenvolver a ferramenta.

3.2. Interrupción do servizo

Interromperase temporal ou definitivamente a prestación do servizo por necesidades imperativas de mellora, reparación ou substitución dos medios técnicos utilizados para a prestación do mesmo. Así mesmo, interromperase o servizo cando o usuario estea incumprindo calquera das cláusulas existentes nas presentes Condicións e, moi especialmente, cando o usuario estea cometendo algún tipo de actividade ilícita e/ ou cando o usuario estea utilizando o servizo vulnerando o disposto nas presentes Condicións. As interrupcións de servizo por estes motivos non darán lugar en ningún caso a unha indemnización ao usuario.

3.3. Responsabilidades

Dinahosting non será responsable dos erros, retrasos no acceso, retrasos no sistema ou calquera anomalía que poida xurdir en relación con problemas de carácter xeral na rede Internet, causas de caso fortuíto ou forza maior ou calquera outra continxencia totalmente imprevisible e por tanto allea á boa fe da empresa, y comprométese a tratar de solucionar estas incidencias poñendo todos os medios ao seu alcance e ofrecendo todo o apoio necesario ao usuario para solucionar as incidencias da forma máis rápida e satisfactoria posible. Así mesmo, non será responsable dos fallos que por estas causas se poidan producir nas comunicacións, borrado ou transicións incompletas de maneira que non garante que o sitio web estea en todo momento operativo cando se deba a cuestións non imputables á mesma ou que esta non poida resolver cos medios que están ao seu alcance. O usuario exime de toda responsabilidade a Dinahosting se algunha destas causas comeza a producirse.

Dinahosting asume as responsabilidades que poidan derivarse da prestación dos servizos que ofrece nos límites tal e como se especifica nas distintas Condicións Xerais de Contratación dos servizos que están a disposición do usuario.

Dinahosting, á marxe doutras exoneracións de responsabilidade sinaladas nas presentes Condicións Xerais, expresamente non será responsable en ningún caso en relación con:

  • Non será responsable da non dispoñibilidade do Sitio Web ou do servizo, dos erros, retrasos no acceso, ou calquera anomalía que sexa debida a problemas de conexión do usuario –posto que non ofrece servizos de conexión a Internet- ou de carácter xeral na rede Internet, causas de caso fortuíto ou forza maior ou calquera outra continxencia totalmente imprevisible e por tanto allea á boa fe da  empresa e non imputable á mesma.
  • En ningún caso será responsable polos erros ou danos producidos polo uso ineficiente e de mala fe do servizo por parte do usuario. Tampouco será responsable das consecuencias maiores ou menores pola falta de comunicación co usuario cando sexa imputable ao non funcionamento do correo electrónico facilitado ou á falsidade dos datos proporcionados polo usuario ao utilizar o servizo.
Asume a responsabilidade da prestación eficiente do servizo en función do establecido nas presentes Condicións e en función da solicitude concreta realizada polo usuario. O usuario renuncia expresamente a reclamar calquera responsabilidade contractual ou extracontractual polos posibles danos ou prexuízos derivados do seu propio incumprimento das presentes Condicións Xerais ou derivados de calquera actuación dolosa ou neglixente por parte do usuario.
 

4. Dereitos e obrigas do usuario

4.1. Responsabilidades

O usuario asume que o Servizo ten as características que se describen no Sitio Web e nestas Condicións debendo determinar se se adecúa ás súas necesidades antes de utilizalo.

O acceso e uso do Sitio Web e do servizo realízase baixo a propia e exclusiva responsabilidade do usuario, que responderá en todo caso dos  danos e prexuízos que poida causar a terceiros e a Dinahosting. O usuario asume toda a responsabilidade derivada do uso do Sitio Web, sendo o único responsable de todo efecto directo ou indirecto que sobre a páxina web ou o servizo se derive, incluíndo, de forma enunciativa e non limitativa, todo resultado económico, técnico e/ou xurídico adverso, así como a defraudación das expectativas xeradas polo Sitio Web ou o Servizo, obrigándose o usuario a manter indemne a Dinahosting por calquera reclamación derivadas, directa ou indirectamente de tales feitos.

O incumprimento das presentes Condicións, así como o desenvolvemento de calquera actividade ilícita ou contraria ás presentes Condicións poderá implicar a perda da condición de usuario e, por tanto, o acceso ao servizo ir.gl.

O usuario comprométese a non utilizar o Servizo para cometer, promover, habilitar ou facilitar, directa ou indirectamente, actos ou infraccións ilegais ou ilícitas destas Condicións, ou facilitar estas accións a Terceiros para que as realicen a través do Servizo.

4.2. Bo uso do servizo

O usuario está obrigado a facer un bo uso do servizo e, por tanto, a non utilizalo de mala fe para calquera práctica que estea prohibida pola lei ou rexeitada polos usos mercantís. Dinahosting queda facultada por medio das presentes Condicións, a partir do momento en que teña coñecemento fidedigno da realización por parte do usuario de calquera actuación ou uso ilegal en xeral, a poñer en coñecemento das autoridades competentes estas circunstancias e dar de baixa ao usuario ou restrinxirlle o acceso ao Sitio Web ou ao Servizo. O usuario será o único responsable fronte a calquera reclamación ou acción legal, xudicial ou extraxudicial iniciada por terceiros prexudicados, asumindo este todos os gastos, custes e indemnizacións que, no seu caso, poida verse obrigada a asumir Dinahosting se a reclamación é dirixida contra esta.

En caso de recibirse algún tipo de comunicado por parte dun terceiro sobre a suposta ilegalidade dalgún contido ou actividade levada a cabo por un usuario do Servizo, e sempre e cando esta comunicación sexa recibida de modo que o comunicante se identifique adecuadamente, procederase a poñelo en coñecemento do usuario e, en caso de que a actividade sexa manifestamente ilícita, procederase a bloquear o Servizo ou o contido en cuestión. Para que esta actividade sexa manifestamente ilícita esta ilegalidade debe ser inequívoca para calquera que acceda a eses contidos. En casos concretos como dereitos de autor ou inxurias e calumnias, non é posible entrar a dirimir se o usuario ten ou non dereito a intercambiar eses contidos, ou se os mesmos son constitutivos de inxurias ou calumnias sendo unicamente a autoridade competente quen poida indicar con seguridade esa ilegalidade e, por tanto, ordenar o cese do servizo.

4.3. Garda e custodia de claves

O usuario é o único responsable da seguridade e confidencialidade das claves coas que xestiona os enlaces, debendo gardalas en lugar seguro coa fin de impedir o acceso a terceiros non autorizados. A perda das claves, por calquera causa, implicará a perda do acceso aos contidos cifrados coa mesma. En caso que as claves deixen de ser seguras, o usuario será o único responsable de eliminar o enlace creado para facer inaccesible a información a persoas non autorizadas.

5. Comunicacións

A vía principal e preferente de comunicación para informar e notificar todas as incidencias que se produzan polo uso do Sitio Web ou servizo ir.gl, será o correo electrónico. Con tal fin, o usuario poderá utilizar a dirección de correo electrónico info@dinahosting.com. As comunicacións de calquera índole que deban remitirse ao usuario conforme ao descrito neste apartado remitiranse á dirección proporcionada polo usuario ao rexistrarse como usuario do Servizo. O usuario comprométese a ter operativo este correo electrónico. Exclúese calquera tipo de responsabilidade que puidera derivarse pola falta de consulta ou erro no correo electrónico facilitado polo usuario. Cada unha das partes será responsable da garda e custodia das copias das comunicacións que se realicen.

6. Dereitos de autor e marca

Quedan reservados todos los dereitos. O sitio web ir.gl -os contidos propios, a programación e o deseño do sitio web- encóntrase plenamente protexido polos dereitos de autor, quedando expresamente prohibida toda reprodución, comunicación, distribución e transformación dos referidos elementos protexidos.

7. Enlaces

O usuario que desexe establecer un hiperenlace no seu sitio web ao sitio web ir.gl non realizará un uso ilegal ou contrario á boa fe das informacións ou servizos postos a disposición no referido sitio web. A existencia de hiperenlaces en páxinas web alleas que permitan o acceso ao sitio web ir.gl non implicará en ningún caso a existencia de relacións comerciais ou mercantís co/coa titular da páxina web onde se estableza o hiperenlace, nin a aceptación ou supervisión por parte de Dinahosting dos seus contidos ou servizos. Dinahosting non será responsable en ningún caso dos contidos ou servizos da web do usuario onde se inclúa un hiperenlace ou enlace ao sitio web ir.gl.

8. Protección de datos

O réxime de protección de datos aplicable aos datos tratados por Dinahosting S.L. en relación ao servizo regulado nestas Condicións xerais regúlase na Política de Privacidade do sitio web. Dinahosting trata os datos de forma lícita, leal e transparente. Unicamente trata aqueles datos que son axeitados, pertinentes e limitados ao necesario en relación cos fins determinados, explícitos e lexítimos para os que os obtén, e non os trata para fins incompatibles con aqueles.

Os usuarios son responsables da veracidade e actualidade dos datos que proporcionan a Dinahosting, considerándose exactos e actuais os datos facilitados por eles mesmos.

Dinahosting informa de que tanto os datos de carácter persoal facilitados polos usuarios ao rexistrarse como aqueles que proporcionen por calquera dos medios de contacto dispoñibles (teléfono, chat ou correo electrónico), incorporaranse aos sistemas de Dinahosting e serán tratados de conformidade, e durante os prazos, definidos na Política de Privacidade.

Para navegar polo sitio web de ir.gl non é necesario aportar ningún dato. O carácter obrigatorio da resposta ás preguntas que se fan, ou dos datos que se solicitan a través do sitio web, indícase mediante a incorporación dun asterisco (*) a continuación da pregunta ou campo do formulario. No caso de non proporcionarse os datos requiridos non será posible prestar o servizo ou funcionalidade solicitados.

Os usuarios deben absterse de proporcionar datos de carácter persoal doutros interesados, salvo que teñan a pertinente autorización, segundo a cal ditos interesados serán previa e debidamente informados sobre o contido da presente Política de Privacidade e, en concreto, que consenten que os seus datos sexan facilitados a Dinahosting para ser tratados conforme ás finalidades que correspondan.

En calquera caso, Dinahosting cancelará os datos rexistrados en cuanto deixen de ser necesarios ou pertinentes para a finalidade para a que se recadaron, podendo conservalos –debidamente bloqueados- durante o tempo en que poida esixirse algún tipo de responsabilidade derivada dunha relación ou obriga xurídica ou da execución dun contrato ou da aplicación de medidas precontractuais solicitadas polo interesado.

Dinahosting non cede datos a terceiros, salvo que unha Lei ou unha norma comunitaria dispoñan o contrario, ou se é necesario para a prestación do servizo contratado. Os interesados poden exercitar os seus dereitos, e revocar o consentimento prestado no seu caso para o tratamento dos seus datos, nos termos descritos na Política de Privacidade.

9. Xurisdición e lei aplicable

As presentes Condicións Xerais réxense pola lexislación española. Para a resolución de calquera controversia ou conflito que se derive das presentes Condicións Xerais serán competentes aos Xulgados e Tribunais de Santiago de Compostela, renunciando expresamente o usuario a calquera outro foro que puidera corresponderlle.

10. Miscelánea

En caso de que calquera cláusula do presente documento sexa declarada nula, as demais cláusulas seguirán vixentes e interpretaranse tendo en conta a vontade das partes e a finalidade mesma das presentes condicións. O presente contrato realízase unicamente en galego. O non exercicio dalgún dos dereitos e facultades conferidos neste documento, o que non implicará en ningún caso a renuncia aos mesmos.