Aquí propomos algunhas ideas que che poden resultar ben xeitosas para usares IR.GL. Se encontras algún truco, por ex. se coñeces un cliente que permite mudar o servizo de encurtamento de URLs escríbenos a ola@ir.gl e engadirémolo á lista para que o resto da comunidade poida usalo.
Se acostumas empregar un cliente de escritorio para te conectares ás redes sociais só tes que engadir IR.GL como servizo de encurtador de URL preferido. Ten en conta que non todos os clientes dispoñen da posibilidade de escoller esta opción. Repara nos exemplos que che propomos xa que o procedemento debería ser en todos os casos moi similar.
O URL de referencia que terías que engadir é:
http://ir.gl/?module=ShortURL&file=Add&mode=api&url=%@
Listo, xa podes comezar a usalo! Cada vez que inclúas un URL no campo de texto, só tes que ir á opcións de contexto para que IR.GL che encurte os teus URLs.
http://ir.gl/?module=ShortURL&file=Add&mode=api&url=%@
Listo, xa podes comezar a usalo! Cada vez que inclúas un URL no campo de texto, TweetDeck encargarase de acurtarche o URL con IR.GL.
A maneira máis fácil de usar o servizo galego de encurtador de URLs é crear un marcador accesíbel a simple vista cando esteas a navegar.
Desta maneira cando chegues a unha páxina que gostarías de partillar coa túa xente, clicando nun botón poderías ou ben xerar o seu URL encurtado para colares onde ti queiras, ou ben que te redirixa á conta de twitter co URL encurtado pronto para publicares.
Os dous marcadores dispoñíbeis son os seguintes:
Encurtador de URL: envía o URL da páxina na que estás actualmente a IR.GL e devóveche o URL acurtado correspondente. Copia ese URL encurtado e cólao onde ti queiras para o partillares.
Os datos que precisas á hora de crear este marcador son:
Nome do marcador: ir.gl (isto é o que vai pór o botón)
Localización:
javascript:void(location.href="http://ir.gl/?module=ShortURL&file=Add&url="+encodeURIComponent(location.href))
Encurtador de URL para Twitter vía web: funciona da mesma maneira, só que ao premeres no botón enviaríate á túa conta de twitter (tes que facer login, claro) e colaría o URL encurtado directamente no campo de texto, completarías o teu tweett e poderías publicalo inmediatamente.
Nome do marcador: ir2Twitter (isto é o que vai pór o botón)
Localización:
javascript:void(location.href="http://ir.gl/?module=ShortURL&file=Add&go=twitter&url="+encodeURIComponent(location.href))
Agora, explicámosche como crear os marcadores no teu navegador preferido:
Listo! Cando esteas nunha páxina que queiras partillar, preme no marcador que tes debaixo da caixa de direccións e listo!
Listo! Cando esteas nunha páxina que queiras partillar, preme no marcador que tes debaixo da caixa de direccións e listo!
Este navegador é un bocado mais lioso porque non podes crear un marcador introducindo os datos que che damos desde cero. Primeiro deberás engadir unha páxina calquera aos teus marcadores e despois editar os seus datos cos valores que che facilitamos.
Agora edita este marcador mudando o nome e a localización cos datos que che damos:
Listo! Cando esteas nunha páxina que queiras partillar, preme no marcador que tes debaixo da caixa de direccións e listo!